OurenseÚltima hora

Xornada técnica da IXP Pataca de Galicia, en Xinzo

O programa incluía conferencias, unha mesa redonda e degustacións
Imaxe da clausura da xornada da IXP Pataca de Galicia.

Ao longo da mañá deste venres 18 de xaneiro o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia celebraba unha xornada técnica no Hotel Xinzo da vila. O programa comezaba cunha charla sobre a “calibración e inspección de equipos de tratamentos fitosanitarios en cultivos. Beneficios para o consumidor final”, a cargo de Javier Tubio, formador de directores e inspectores de ITEAF.

A continuación tiña lugar unha mesa redonda moderada polo propio presidente da IXP, Guillermo Budiño, sobre o uso e almacenamento de abonos, lexislación e boas prácticas. Posteriormente o programa incluía unha degustación de pratos coa pataca como ingrediente protagonista.

A clausutra das xornadas tiña lugar pola tarde coa presenza do director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez Vázquez[/dropcap].

 

O director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez Vázquez, na clausura.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close