EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada técnica do Igape e Aeva no Barco

O programa Galicia 1000 inclúe préstamos directos con fondos Jeremie que poden chegar ata 1,8 millóns de euros
O vicepresidente de Aeva, Santiago Melo e o subdirector de Información do Igape, Curro López./ Foto: Mónica G. Bellver.
O vicepresidente de Aeva, Santiago Melo e o subdirector de Información do Igape, Curro López./ Foto: Mónica G. Bellver.

No marco dunha xornada técnica organizada en colaboración con Aeva, técnicos do Igape achegaron aos empresarios da comarca as diferentes liñas de financiamento activadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro do programa Galicia 1000 para financiar tanto investimentos como circulante.

O programa que inclúe préstamos bancarios bonificados ou avalados, préstamos directos, préstamos participativos e capital risco “está dotado con 70 millóns de euros e ten capacidade para mobilizar 300 millóns de euros en proxectos empresariais” segundo o Igape adiantando que instrumentos de financiación como “os préstamos directos Jeremie, poden chegar ata 1,8 millóns de euros, con prazos de amortización de ata 11 anos e xuros fixos que poderán quedar por debaixo do euribor máis 0,4%”.

Asistentes á xornada técnica do Igape celebrada no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.
Asistentes á xornada técnica do Igape celebrada no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

A xornada técnica, que tiña lugar na tarde do 9 de xullo no Barco de Valdeorras, contou coas intervencións de Santiago Melo Moreno, vicepresidente da Asociación Empresarial de Valdeorras; de Curro López Martínez, subdirector de Información do Igape; e de José Vicente García Méndez, director da oficina de ABANCA do Barco, quen falou sobre as “formas de financiamento para pemes, comercios e autónomos”.

Artigos relacionados

Back to top button