EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada técnica do Igape en Valdeorras

Está programada para o vindeiro 22 de xaneiro na Casa Grande de Viloira, no Barco
Imaxe dunha xornada anterior desenvolvida polo Igape na Casa Grande de Viloira (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe dunha xornada anterior desenvolvida polo Igape na Casa Grande de Viloira (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Liñas de apoio a investimentos, mellora da competitividade e internacionalización das Pemes. Ao redor desta temática xirará a xornada técnica que o Igape desenvolverá o vindeiro 22 de xaneiro na Casa Grande Viloira, no Barco.

O programa iniciarase a partires das 13h. coas intervencións de Mª Carmen Rodríguez González, vicepresidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), e do delegado da Xunta en Ourense. De seguido comezará a primeira das ponencias, a cargo do director xeral do Igape, Javier Aguilera, quen falará sobre os “Novos instrumentos de apoio á actividade empresarial”.

A segunda parte deste encontro versará sobre as axudas para investimentos, emprendedores e mellora da competitividade e internacionalización das que dispón o Igape. Serán expostas por Rut Pereira Rodríguez, responsable desta entidade en Ourense. Logo abrirase un coloquio.

Artigos relacionados

Back to top button