EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Xornada técnica no Barco sobre a protección do cultivo da vide das xeadas

Esta acción formativa, promovida pola EVEGA, impartirase o vindeiro 21 de xuño no edificio multiusos do Barco
Efectos das xeadas en viñedo da provincia o pasado ano.

O vindeiro 21 de xuño o salón de actos do edificio multiusos do Barco acollerá a xornada técnica “Obter o mellor rendemento e protexer o cultivo da vide das xeadas”, promovida pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega). O programa comezará ás 9:30h. coa ponencia “As xeadas: un factor limitante para o cultivo do viñedo en Galicia”, a cargo de Xosé Carballido Presas, xefe de sección de Concentración e Obras do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural.

A continuación, Jorge Luis Mazaira, director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, exporá o relatorio “Un antes e un despois da campaña marcada pola xeada: repercusión no mercado”; e ás 11:30h. José María de Frutos, técnico de Regader, e Francisco Javier Fernández, enxeñeiro agrícola de Comercial Grande, falarán sobre “métodos preventivos para o efecto das xeadas”. Despois, Marta Arribas, enxeñeira técnica da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, abordará a “legalización das captacións de auga para rega e o seu uso na agricultura”. O programa completarase cunha mesa redonda moderada por Emilia Díaz, tecnóloga da Evega.

Na organización desta xornada técnica a Evega contará coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras, a Fundación Juana de Vega, o CRDO Valdeorras e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL). As prazas dispoñibles son 100. O prazo de inscrición rematará o día 19 de xuño agás que se esgoten antes as prazas. A folla de solicitude para realizar a inscrición pode descargarse en http://evega.xunta.gal/xornadas-tecnicas-obter-o-mellor-rendemento-e-protexer-o-cultivo-da-vide-das-xeadas/​

 

Imaxe do díptico da xornada.

Artigos relacionados

Back to top button