EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Xornada técnica no Barco sobre riscos e enfermidades ligadas á vitivinicultura

Celebrábase na Casa Grande de Viloira e nela presentábanse tres publicacións tituladas “Os Actúa do Issga”

Os riscos da actividade vitivinícola no labor en adega, durante o ciclo da viña e na vendima recóllense en tres publicacións realizadas polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e que levan por título “Os Actúa do Issga”. Presentábanse na tarde do 10 de marzo no decurso dunha xornada técnica celebrada na Casa Grande de Viloira (O Barco).

As tres son publicacións nas que, de “forma sinxela e visual, os traballadores do sector poden identificar os lugares e as tarefas habituais para eles”, sinalaba Ángel López Álvarez, do Issga, no inicio da xornada. Asemade destacaba que se apoian en imaxes reais do sector, “boa parte delas tomadas nas denominacións de orixe da provincia de Ourense”. Deste xeito preténdese facilitar a comprensión destes documentos técnicos.

A xornada comezaba coas intervencións do representante do Issga e tamén do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García. De seguido dábase paso aos técnicos que explicaban cada unha das tres publicacións sobre prevención de riscos en adega, en viñas e na vendima.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button