EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Xornada técnica sobre a mecanización sostible no viñedo en Monterrei

Nesta iniciativa, promovida pola Evega e celebrada no Parador Castelo Monterrei, participaban un cento de persoas
O director da Evega, intervindo no acto inaugural da xornada, xunto á presidenta do CRDO Monterrei e ao alcalde de Monterrei./ Foto cedida.

 

Máis dun cento de persoas de diferentes puntos de Galicia asistían na xornada do 31 de outubro á xornada técnica “A mecanización sostible do viñedo”, celebrada no Parador Castelo Monterrei. Esta acción formativa pretendía amosar a maquinaria que se pode utilizar nas diferentes tarefas do cultivo do viñedo, dende a poda ata a vendima, pasando pola poda en verde.

“É fundamental coñecer a utilización destas tecnoloxías no tradicional sistema vitivinícola co obxecto de incrementar a competitividade, reducir custos e manter a calidade da uva e do viño”, sinalaba a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara Da Salva, no acto inaugural da xornada, no que tamén participaban o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e o director da Evega, Juan Casares.

Da Silva resaltaba o “éxito de asistencia de mozos a esta iniciativa, o que demostra a importancia da realización destas accións formativas enfocadas a impulsar este sector económico, fundamental en Monterrei, e que deste modo se convirta nunha alternativa profesional de futuro, que axude a fixar poboación e evitar a despoboación do medio rural”.

Ao longo desta xornada abordábnase cuestións como a “poda mecanizada da viña, a poda de inverno e a poda en verde”, “a aplicación de fitosanitarios” ou “a vendima mecanizada”. Foi organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), coa colaboración da D.O. Monterrei, o Concello de Monterrei, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Fundación Juana de Vega.

 

Artigos relacionados

Back to top button