EconomíaEconomíaPizarra

Xornada técnica sobre as enfermidades profesionais na lousa

Esta iniciativa, organizada pola CIG, desenvolvíase no edificio multiusos do Barco
O secretario da CIG Valdeorras, cos dous ponentes da xornada./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O secretario da CIG Valdeorras, cos dous ponentes da xornada./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A normativa e a situación actual das enfermidades profesionais no sector da lousa eran a temática central da xornada que a CIG organizaba na tarde do 26 de marzo no edificio multiusos do Barco. Partíase das definicións que na lei se fan de accidente de traballo e de enfermidade profesional para, de seguido, matizar cales eran as principais existentes no sector da lousa. “A silicose merece unha mención especial, é a enfermidade por excelencia do sector, pero non é a única. Hai moitas outras lesións musculo-esqueléticas na lousa”, destacaba Anxo Pérez, membro da executiva confederal da CIG e técnico de PRL.

A xornada impartíase na tarde do 26 de marzo no edificio multiusos do Barco. Foto: Ángeles Rodríguez.
A xornada impartíase na tarde do 26 de marzo no edificio multiusos do Barco. Foto: Ángeles Rodríguez.

Na xornada, que foi presentada polo secretario da Unión Local da CIG Valdeorras, Francisco Moral, tamén participaba como ponente Liliana Lafuente, técnida de PLR do gabinete de saúde laboral da CIG en Ourense. Na súa intervención abordaba a normativa e a situación actual das enfermidades profesionais no sector da lousa.

A xornada abordaba a silicose, pero tamén outras enfermidades relacionadas co sector da lousa,/ Foto: Ángeles Rodríguez.
A xornada abordaba a silicose, pero tamén outras enfermidades relacionadas co sector da lousa,/ Foto: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button