EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Xornada técnica sobre o “Mantemento do solo do viñedo” na D.O. Monterrei

Máis de noventa persoas participaban nesta actividade formativa, que tocaba cuestións como as alterantivas ao uso de herbicidas e o manexo do solo e do viñedo

Baixo o título “Mantemento do solo do viñedo: Alternativas ao uso de herbicidas” desenvolvíase neste 3 de maio unha xornada técnica na Denominación de Orixe Monterrei. No acto inaugural da mesa participaban a presidenta desta D.O., Lara Da Silva; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; e o director da EVEGA, Juan Casares. Nela participaban máis de noventa de personas procedentes de diferentes puntos da xeografía galega.

A sesión tiña como obxectivo dar a coñecer as características dos olos sobre os que se asentan os viñedos, amosar as cubertas vexetais máis adecuadas para este cultivo e como debe realizarse unha adecuada fertilización do viñedo. Tamén se incidía os factores que condicionan a calidade da uva, entre eles un axeitado manexo do solo.

“Estas xornadas permiten coñecer outras posibles alternativas á aplicación de produtos fitosanitarios”, destaca a presidenta, Lara Da Silva, “e para iso é necesario coñecer primeiro as características do noso solo e as variedades para incidir nun adecuado manexo dos factores que condicionan a calidade da uva”.

Da Silva tamén destaca “a realización de accións formativas destas características, xa que as mesmas están enfocadas á profesionalización do sector, posta en marcha da sostibilidade económica e ambiental no rural, e a busca da mellor calidade do produto final”.

A xornada ten sido organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), coa colaboración da D.O. Monterrei, Concello de Monterrei, Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e Fundación Juana de Vega.

Artigos relacionados

Back to top button