En portadaÚltima hora

Xornada técnica sobre os retos e innovacións dos rosados galegos en Sober

Terá lugar o 9 de abril no Centro Sociocultural desta vila lucense e estará organizada pola EVEGA

O consumo de viño rosado ten experimentado un incremento do 20% dende o ano 2002 a nivel global, segundo un informe da Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV). Ademais a tendencia de futuro neste tipo de viños vai ir en ascenso, moi por riba de brancos e tintos. De aí o interese que poden ter para os elaboradores galegos os rosados.

Para afondar neste tipo de viños a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organizará o vindeiro 9 de abril no Centro Sociocultural de Sober (Lugo) a xornada técnica “Retos e innovacións no mercado: os viños rosados en Galicia”.

O seu programa comezará ás 9:30h. cun relatorio a cargo da directora técnica do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, Beatriz Soto, quen falará dos rosados nesta denominación de orixe. Despois Gonzalo Celayeta, director técnico da Adega San Martín, abordará os rosados na D.O. Navarra.

A xornada completarase cunha exposición de experirencias de adegas galegas que elaboran rosados e cunha mesa redonda coa participación de todos os relatores. Esta acción formativa será organizada en colaboración co Concello de Sober e coa Fundación Juana de Vega. Ademais está incluída nos actos do “Mes do Amandi”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close