En portadaÚltima hora

“Xornadas Batefogo” para pór en valor o rural, en Manzaneda

Desenvolveranse os días 7 e 8 de outubro e exporarán diversos proxectos e iniciativas de desenvolvemento do medio rural
Detalle do cartaz destas xornadas convocadas polo Concello de Manzaneda e polo Proxecto Batefogo.
Detalle do cartaz destas xornadas convocadas polo Concello de Manzaneda e polo Proxecto Batefogo.

Son moitos e variados os recursos existentes no medio rural galego. A súa posta en valor e desenvolvemento constitúen un xeito de dinamizar este entorno dende o punto de vista social e económico. Para amosar experiencias en marcha nese sentido o Concello de Manzaneda e o Proxecto Batefogo organizarán os días 7 e 8 de outubro as “Xornadas Batefogo. Coñece iniciativas que traballan por e para o rural”.

O seu programa incluirá charlas e dúas mesas redondas que se impartirán na vila de Manzaneda. Os actos comezarán o 7 de outubro ás 19h. cunha conferencia da Plataforma pola gandería extensiva e o pastoralismo. Ao día seguinte, 8 de outubro, ás 17h. farase unha mesa redonda en torno ás “Figuras de xestión e xestión de conflictos” na que se contará con representantes da Comunidade de Montes en Man Común de Cova (Trives), da Cooperativa Monte Cabalar e da experiencia da Reserva da Biosfera dos Ancares Leoneses.

Ademais o 8 de outubro ás 19h. terá lugar unha segunda mesa redonda, desta volta centrada no “Patrimonio e no desenvolvemento rural”, coa presencia de membros de Adega da Terra Viticultores (Manzaneda), da Comunidade de Montes Paraños (mel) e do grupo informal de Xóvenes do Xurés (pan).

Para ampliar información pode consultarse a web:
http://batefogo.wordpress.com

Artigos relacionados

Back to top button