EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Xornadas da EVEGA en Monterrei sobre enfermidades da madeira

Impartíranse o 28 de xuño na Casa da Cultura de Albarellos e reunirán a cinco expertos na materia
Cartaz das xornadas que a Evega organizará na Denominación de Orixe Monterrei.
Cartaz das xornadas que a Evega organizará na Denominación de Orixe Monterrei.

“Previr e/ou curar. As enfermidades da madeira no viñedo a estudo”. Baixo este título desenvolveranse a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) desenvolverá unhas xornadas técnicas o vindeiro 28 de xuño na Casa da Cultura de Albarellos. Esta acción formativa (organizada en colaboración coa D.O. Monterrei, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e o Instituto Galego de Calidade Alimentaria, Ingacal), comezará a partires das nove da mañá coa intervención de David Gramaje (Instituto das Ciencias da Vide e do Viño-ICVV Goberno da Rioxa), quen falará sobre as “enfermidades da madeira na vide: problemática da planta nova”.

De seguido, intervirá Jordi Luque (do IRTA da Generalitat de Catalunya) coa ponencia “as enfermidades da madeira na planta adulta”. Ademais Pedro Mansilla (da Estación Fitopatolóxica do Areeiro-Deputación de Pontevedra) centrarase na “epidemioloxía e etioloxía das enfermidades de madeira nos viños galegos” e Alfonso Ribas (secretario técnico do Ingacal) explicará o proxecto “Winetwork”. A xornada completarase cunha mesa redonda coa participación dos catro relatores e que será moderada por Emilia Díaz, tecnóloga da Evega.

Estas xornadas están destinadas a viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores, persoal investiagador e estudantes. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 27 de xuño a través da web da Evega (http:// http://evega.xunta.gal/) ou da Consellería do Medio Rural (http://mediorural.xunta.gal/es/areas/investigacion_y_formacion/transferencia_tecnologica/plan_y_actividades/).

Artigos relacionados

Back to top button