ConcellosÚltima hora

Xornadas de aproveitamento micolóxico na Veiga

As actividades, organizadas polo Concello, continuarán na segunda fin de semana de novembro
Saída ao campo nas xornadas de micoloxía da Veiga.
Saída ao campo nas xornadas de micoloxía da Veiga.

Un outono máis o Concello da Veiga desenvolve actividades no marco do proxecto “Tregumelos” de posta en valor micolóxica do municipio. En outubro tiñan xa lugar dúas xornadas formativas, que incluían saídas ao monte, os días 16 e 18 de outubro coa participación en total dunhas 40 persoas.

Así o 16 de outubro impartíase unha charla didáctica e de carácter introdutorio ao mundo da micoloxía a cargo de Borja Mínguez, propietario dunha explotación de cultivo de cogomelos en Celanova. De seguido, realizábase unha saída técnica.

As actividades incluían tamén a clasificación dos cogomelos recollidos.
As actividades incluían tamén a clasificación dos cogomelos recollidos.

Dous días despois, o 18 de outubro, Borja Mínguez e Ricardo Mínguez ofrecían unha nova charla didáctica xa máis centrada no cultivo de Pleorotus ostreatus e Agaricus bisporus, aínda que tamén se falou sobre cogomelos comestibles e se fixo tamén unnha saída ao monte, seguida de identificación e clasificación dos que teñen un valor culinario e daqueles outros que son tóxicos.

Asistentes a unha das dúas charlas impartidas ata agora nas xornadas de Micoloxía da Veiga.
Asistentes a unha das dúas charlas impartidas ata agora nas xornadas de Micoloxía da Veiga.
Os participantes nunha das sesións, clasificando e identificando cogomelos.
Os participantes nunha das sesións, clasificando e identificando cogomelos.

As xornadas completaranse cunha nova sesión, desta volta, o 8 de novembro na Biblioteca Pública-Centro TIC da Veiga.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Concello da Veiga

Artigos relacionados

Back to top button