ConcellosÚltima hora

Xornadas de carne de boi, en Allariz

19 establecementos hostaleiros participarán na cita gastronómica, do 10 ao 19 de outubro
Presentación das xornadas no Concello de Allariz.
Presentación das xornadas no Concello de Allariz.

Do 10 ao 19 de outubro, Allariz celebrará a III edición das Xornadas de carne de boi. O programa era presentado na mañá do 2 de outubro polo concello e unha representación dos 19 establecementos hostaleiros participantes, 11 no apartado de menús e pratos e 12 no Concurso de Tapas.

Así pois, ao longo de dez días, os restaurantes e taparías da vila ofrecen menús e pinchos especiais así como un concurso de tapas, no que o boi de Allariz será o protagonista. A un prezo único de 1,5 euros a tapa, o público poderá degustar 14 propostas elaboradas de xeito diferente e entrar nun sorteo dunha fin de semana para dúas persoas en Allariz.

Tal como adiantan dende o Concello alaricano “debido ao éxito das xornadas o ano pasado esta edición repetirase o mesmo esquema aínda que como novidade ampliase dunha a dúas fins de semana a posibilidade de degustar carne de boi de Allariz”. Para iso, os hostaleiros teñen a súa disposición aproximadamente un total de 600 Kgs. de carne para preparar de diferentes xeitos.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button