CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As Xornadas de Folclore chegan esta noite a Manzaneda

O espectáculo comezará ás 22:30 horas no patio do colexio
Un momento das Xornadas de Folclore da pasada edición. / Foto: Ángeles Rodríguez.
Un momento das Xornadas de Folclore da pasada edición. / Foto: Ángeles Rodríguez.

Os espectáculos de folclore internacional chegan esta noite ao Concello de Manzaneda. Arrincaron o pasado luns e, tras pasar por Allariz e Bande, os grupos participantes despregarán esta noite a súa esplendorosidade no patio do colexio do municipio. Será a partires das 22:30 horas. Mañá, o escenario trasladarase ao Barco, cun festival no Malecón, e outro na Praza Maior do Carballiño. Ambos espectáculos serán ás 22:30 horas.

Os grupos participantes na XXXIII edición proceden de Sudáfrica (Themba Njilo Foundation), Colombia (Ballet Folclórico Nacional Jaime Orozco), Arxentina (Compañía Argentina de arte Folklórico), Bolivia (Ballet Folklórico de La Paz), Rusia-R. de Chechenia (State Dance and Song Ensemble “Vainakh”) e Serbia (Simyonov-Sremchica Dance Ensemble). Percorrerán a provincia até o vindeiro día 17.

Artigos relacionados

Back to top button