CulturaEducaciónÚltima hora

Xornadas de información laboral no IES García Barbón de Verín

O programa levarase a cabo ao longo de dous días en horario de maña e tarde
Xornadas de orientación laboral no IES García Barbón de Verín.
Xornadas de orientación laboral no IES García Barbón de Verín.

Os días 4 e 7 de marzo, terán lugar en Verín as “Xornadas de información e orientación para o emprego”, organizadas polo IES García Barbón en colaboración co Concello.

As xornadas desenvolveranse no instituto e estarán coordinadas por Adrián Fernández e Rubén Silva. Entre os obxectivos que se marcan están publicitar a oferta formativa de Formación Profesional en Galicia (especialmente na comarca de Verín) e as súas posibilidades de emprego; dar a coñecer experiencias de emprendemento na comarca; informar sobre os organismos de apoio e asesoramento ao emprego e ao emprendemento; ou facilitar o asesoramento e o consello de antigos estudantes no ámbito académico e laboral.

O programa arranca mañá 4 de marzo ás 10:30h. coa inauguración a cargo do alcalde de verin, Gerardo Seoane e o director do centro, Daniel Veiga continuando coa charla “Os estudos de Formación Profesional e as súas posibilidades de emprego” a cargo de Rubén Silva, profesor de Formación e Orientación Laboral (FOL). Ese día haberá tres mesas redondas.

Na segunda xornada, o luns 7 de marzo, haberá outras tres mesas redondas, completando o horario de mañá a charla “Entidades de apoio e asesoramento ao emprendemento” a cargo de Susana Boo (Cámara de Comercio de Ourense) e Julio Álvarez (Consellería de Educación). En horario de tarde haberá outras dúas charlas, sobre “A xestión de persoas” e “A aprendizaxe de linguas estranxeiras e o futuro empresarial”.

Ademais destas xornadas, o IES García Barbón instalará na Feira do Lárazo (12 e 14 de marzo), en horario de mañá e tarde, unha caseta informativa e realizará, de 17 a 20 horas o día 12 e de 11 a 14 e 17 a 20 horas o día 14, xornadas de portas abertas nas instalacións centro educativo.

Artigos relacionados

Back to top button