CulturaEducaciónÚltima hora

Xornadas de orientación académica e profesional no IES Carlos Casares de Viana

Os alumnos do instituto vianés reciben información sobre a Universidade, a Formación Profesional e o Exército
Acto inaugural da semana de orientación no instituto de Viana.
Acto inaugural da semana de orientación no instituto de Viana.

No marco da 7º Semana de Orientación Académica e Profesional do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, expertos das Universidades de León, Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e incluso de Portugal, achegábanse na mañá do 4 de abril ata o instituto vianés para falar co alumnado de 4º da ESO e Bacharelato sobre as saídas universitarias.

Como en cada edición, as xornadas (organizadas polo Departamento de Orientación) eran inauguradas pola xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Mercedes Gallego, contando asemade coa presenza do inspector Roberto Cid; do director do centro, Carlos Ferreiro; da directora do CEIP Bibei, Francisca Rodríguez; e do presidente da ANPA, Ernesto Marra.

As xornadas de orientación académica e laboral van dirixidas aos alumnos de Bacharelato e 4º da ESO.
As xornadas de orientación académica e laboral van dirixidas aos alumnos de Bacharelato e 4º da ESO.

Pola tarde, as charlas estaban dirixidas ao alumnado de Bacharelato, e de 3º e 4º da ESO, que recibiron información sobre a carreira militar e a Universidade; o grao de ADE-BBA; electrotecnia (por parte de profesionais do IES Xermán Ancochea de Trives); e automoción (con profesionais do IES Lauro Olmo do Barco), con obradoiros incluídos.

Ademais, ao longo da semana haberá reunións coas familias e ata un día de portas abertas. Pola súa nanda, o equipo directivo e docente do centro, explicará as liñas mestras das principais titulacións demandadas, respondendo ás dúbidas con respecto aos cambios que a LOMCE introduce dende o vindeiro setembro.

Artigos relacionados

Back to top button