ConcellosÚltima hora

“Xornadas de saúde da muller”, do 14 ao 21 de marzo en San Xoán de Río

Estes talleres formarán parte do programa deste Concello para conmemorar o Día da Muller, que tamén inclúen unha exposición e un concurso de fotografía

 

A través do seu Centro de Información á Muller (CIM), o Concello de San Xoán de Río está xa a desenvolver varias iniciativas para conmemorar o Día Internacional da Muller. Actividades que se prolongarán ao longo de todo o mes de marzo.

Así ata o vindeiro 8 de marzo desenvolverase o I Concurso de fotografía “A Muller Rural en San Xoán de Río”
“O obxectivo é impulsar o coñecemento da realidade do espazo rural e dar visibilidade á achega das mulleres rurais no desenvolvemento dos municipios”, asegura o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez. As fotografías podían remitirse e ata o 2 de marzo ao grupo de facebook do Concello creado expresamente para o evento. Estas imaxes poderán votarse a través desta rede ata o xoves 5 de Marzo. A resolución será publicada o venres 6 de marzo nas páxinas web oficiais do concello. A persoa gañadora recibirá un agasallo o día 8 de Marzo, día Mundial da Muller.

Por outra banda, o 1 de marzo inaugurábase unha exposición de pintura de Adriana Vicastillo Vallés. Ademais, do 14 ao 21 de marzo desenvolveranse en Río as “Xornadas de saúde da Muller”, unha serie de talleres “impartidos por Tere González, matrona no Hospital de O Barco de Valdeorras en colaboración co Centro de Saúde de San Xoán de Río”, comenta o alcalde de Río. No seu decurso abordarase o coidado da saúde da muller. Serán un total de tres sesións: o sábado 14 de marzo, o martes 17 e o sábado 21 en horario de 16.30 a 18.30 h.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close