OurenseÚltima hora

Xornadas de Sustentabilidade na Vía da Prata, do 13 ao 15 de novembro

Impulsadas por "O Teu Xacobeo", un dos actos centrais será a conferencia que se impartirá o mércores en Verín

Presentación das Xornadas organizadas por Expourense.

 

Dar a coñecer as oportunidades da cooperación e da comercialización do “produto turístico da Vía da Prata” dende una perspectiva sustentable e aunando patrimonio, natureza e enogastronomía. Este é o obxectivo das Xornadas de Sustentabilidade no Camiño de Santiago-Vía da Prata, que está a organizar Expourense dentro do programa “O Teu Xacobeo” financiado pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Entre os días 13 e 15 de novembro, unha quincena de axencias de viaxes especializadas no Camiño de Santiago e procedentes de España, Portugal, Reino Unido e Irlanda, realizarán un percorrido por localidades da provincia de Ourense polas que pasa a Vía da Prata. As xornadas inclúen distintas experiencias que “contribuirán á divulgación dos atractivos naturais, patrimoniais, etnográficos e gastronómicos da Vía da Prata co obxectivo de incrementar o número de visitantes foráneos nesta rota a través da prescrición de operadores e outros axentes, tanto nacionais como internacionais”, explican dende Expourense.

 

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz e a directora adxunta de Expourense, Emma González.

 

Entre as actividades previstas inclúese unha visita a unha adega e cata de viños do Camiño da Denominación de Orixe Monterrei e á fortaleza Medieval de Monterrei; ao Parque Natural do Invernadeiro e tamén a visita a un forno tradicional da IXP Pan de Cea, así como a entrada ó mosteiro de Oseira. Tamén inclúe un percorrido pola capital ourensá visitando As Burgas, a ponte romana ou a praza Maior.

Un dos actos centrais será a conferencia sobre a “Sustentabilidade na Vía da Prata” na que participará a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, e a Asociación de Amigos da Vía da Prata, entre outros. Será o mércores 13 de novembro ás 19:30 h. no claustro dos Mercedarios de Verín e incluirá ademais unha degustación de produtos enogastrónomicos de produtores locais. A participación nesta conferencia é aberta ao público xeral e habéra un transporte colectivo ida e volta e gratuíto dende a cidade de Ourense ata Verín.

Artigos relacionados

Back to top button