EconomíaViticultura

Xornadas de viño e turismo, na D.O. Valdeorras

O programa abríase cunha ponencia do presidente deste órgano réctor
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Cunha ponencia sobre a promoción dos viños da D.O. Valdeorras no contexto da crecente internacionalización dos mercados vitivinícolas abría o presidente deste consello regulador ourensán, José Luis García Pando, na mañá do 22 de agosto a xornada de análise e debate “O valor da terra: mercado, turismo, paisaxe e patrimonio”.

De seguido, tomaba a palabra Santiago Pérez, técnico da D.O. Valdeorras, para falar sobre o concepto de terroir e as terras e paisaxes desta zona. O encontro continuaba coa mesa-coloquio “turismo, paisaxe e patrimonio”.

Esta iniciativa foi organizada pola Asociación Galega de Viticultura.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button