CulturaCulturaÚltima hora

Xornadas do Camiño de Inverno por Quiroga e Ribas de Sil

60 persoas participaron nas actividades organizadas pola Asoc. de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Os participantes nas Xornadas, diante da Igrexa de San Pedro Fiz en Hospital do Incio.
Os participantes nas Xornadas, diante da Igrexa de San Pedro Fiz en Hospital do Incio.

Co obxectivo de “chamar a atención sobre o valor dos conxuntos da arquitectura popular da zona, pedir ás institucións públicas que axuden á súa convervación e ao mesmo tempo animar aos peregrinos que os visiten”, segundo as palabras da presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Aida Menéndez, as XII Xornadas do Camiño de Inverno celebradas na fin de semana do 12 e 13 de setembro, xiraron en torno a dúas localidades do sur da provincia de Lugo: Ribas de Sil e Quiroga.

Tal como explica a propia Aida, na xornada do sábado as 60 persoas incritas percorreron un tramo do Camiño de Inverno entre San Clodio e Quiroga con visita á igrexa románica de San Clodio e conferencia sobre arquitectura popular a cargo de Juan Ortiz, profesor na Universidade de Santiago de Compostela.

Na Devesa de Rogueira atentos ás explicacións do guía.
Na Devesa de Rogueira atentos ás explicacións do guía.

O domingo, malia a chuvia que descargou en toda Galicia, a xornada levaría aos camiñantes a facer un percorrido polo Caurel, descubrindo e admirando lugares como a aldea rehabilitada de A Seara, a Fervenza de Vieiros, ou o Miradoiro da Devesa de Rogueira, entres outros, tendo a oportunidade de degustar platos da gastronomía típica do Caurel na Casa Rural de Paderme. Xa de regreso, polo Incio, os asistentes visitaron a igrexa románica de San Pedro de Fiz de Hospital, “contando co excepcional guía Guillermo Diaz Aira”, puntualiza Aida, asegurando que foi todo un éxito de participación.

Artigos relacionados

Back to top button