ConcellosO BarcoÚltima hora

Xornadas formativas sobre normativa forestal, no Barco e no Bolo en xuño

 

A Consellería do Medio Rural, a través do Servizo de Montes, ten previsto para este ano na provincia 15 edicións da acción formativa “Aspectos prácticos da normativa forestal”, que terán lugar en distintas localidades, entre elas O Barco, ao longo do ano. Estas accións están aprobadas dentro do plan de Formación Continua de AGACAL/Medio Rural e organizadas polo Servizo provincial de Montes de Ourense en colaboración cos distritos forestais da provincia.

“O obxectivo destas actividades é achegar á poboación do medio rural como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándonos nos procedementos máis habituais que a maioría dos/as habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento”, segundo se sinala dende Montes.

Así, no programa inclúense, entre outros, os seguintes temas: obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios, usos do lume e permisos de queima, actividades en terreos queimados, repoboacións forestais, aproveitamentos de madeira e cambios de actividade.

As tres primeiras actividades, que terán lugar durante este mes de xuño, son as seguintes:
– OURENSE: Mércores, 22 de xuño, de 16:30-20:30 ha, no Salón de Actos do Centro ISSGA (Rúa Villaamil y Castro, s/n)
– O BARCO DE VALDEORRAS: Martes, 28 de xuño, de 16:30-20:30 ha, na Casa Grande de Viloira (Praza Ramón Otero Pedrayo, 11)
– O BOLO: Mércores, 29 de xuño, de 16:30-20:30 ha, na Biblioteca Municipal-Planta Baixa do Centro de Saúde (Rúa O Serro, s/n)

As persoas interesadas poden preinscribirse no enlace: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Artigos relacionados

Back to top button