EconomíaEconomía

Xornadas gastronómicas “de pote” no Barco

Os xoves de outubro, pinchos de tempada nos establecementos hostaleiros do CCA
Un pincho de caza. /Foto: Carlos G. Hervella.
Un pincho de caza. /Foto: Carlos G. Hervella.

As castañas non só se comen asadas ou cocidas. Hai todo un abano de posibilidades á hora de cociñalas, e o mesmo sucede coas setas e a carne de caza, todos produtos de outono.

Precisamente para dar a coñecer eses elementos gastronómicos típicos e abundantes na comarca de Valdeorras, os establecementos de hostalaría asociados ao Centro Comercial Aberto O Barco (Bar A Cova, Nobuk Café, Piquiño Restaurante, Tapería Al Natural e Restaurante Fernando III), participan nas Xornadas gastronómicas “de pote” que se celebrarán os catro xoves do mes de outubro: 9, 16, 23 e 30.

Esta iniciativa xurde co fin de dinamizar o ambiente lúdico-social da vila e ao mesmo tempo promocionar os produtos autóctonos de tempada. Así pois, os locais participantes ofrecerán aos clientes a posibilidade de disfrutar dunha ruta na que degustar de forma gratuíta, pinchos elaborados con setas, castañas e caza.

Artigos relacionados

Back to top button