EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornadas Micolóxicas de Outono en dous locais de hostalaría barquense

Maltería e Galileo organizan un programa de actividades adicadas ao mundo dos cogomelos do 18 ao 30 de outubro na vila
Cartaz das xornadas.
Cartaz das xornadas.

Cunha charla sobre “Cogomelos de Valdeorras na cociña” o micólogo Cristóbal Ruiz Leivas abrirá as Xornadas Micolóxicas Outono 2014 que organizan os establecementos barquenses de hostalaría Galileo e La Maltería. Esta conferencia está prevista para o día 18 de outubro ás oito da tarde no Galileo e, tras ela, poderá desfrutarse dunha degustación de cogomelos (o prezo da degustación completa será de 8,5 euros, mentres que o custe por pincho será de 0,60 euros), segundo se informa dende este local.

Ademais durante a semana do 20 ao 26 de outubro as persoas que se acheguen a La Maltería descubrirán que nos pinchos que diariamente se serven neste céntrico local terán un protagonismo especial os cogomelos.

Estas xornadas micolóxicas continuarán o xoves 30 de outubro no Galileo ás oito e media da tarde coa presentación do libro “En el país de las setas”, de Alejandro R. Mínguez, experto en micoloxía e responsable da Sala Micolóxica-Tapería Plan C de Celanova. Tras o acto haberá unha degustación de cogomelos.

Artigos relacionados

Back to top button