ConcellosMicoloxíaÚltima hora

Xornadas micolóxicas en Sober

Desenvolverase entre os días 12 e 14 de novembro e incluirán conferencias, saídas ao monte, identificación e clasificación de exemplares, degustacións e unha exposición
Imaxe de cogomelos.
Imaxe de cogomelos.

Para coñecer mellor o mundo dos cogomelos a Agrupación Micolóxica Pingadouro organizará, en colaboración co Concello de Sober, as “Xornadas micolóxicas Sober 2015”, que se desenvolverán entre os días 12 e 14 de novembro. Estarán coordinadas por Ramón Losada Pérez e o seu programa comezará o 12 de novembro cunha saída ao campo e identificación de cogomelos. O punto de partida será a Escola de Hostalería de Rosende ás 10:00 horas.

Ao día seguinte, 13 de novembro, terá lugar unha nova saída ao campo, seguida de identificación de cogomelos. Partirase ás 11:00 horas desde o Colexio Virxe do Carme. Ademais haberá unha nova saída ao campo ás 16:00 horas desde a praza do Concello de Sober.

As xornadas proseguirán o sábado día 14 cun novo percorrido polo campo a partir das 10:00 horas desde a praza do Concello. Ás 16:00 horas farase unha montaxe de exposición e identificación de cogomelos recollidos no Centro Sociocultural e ás 18:00 horas Ramón Losada pronunciará o relatorio “Introdución á micoloxía”. Finalmente, ás 20:00 horas ofrecerase a degustación comentada de cogumelos a cargo do cociñeiro Fernando Bugueiro Cabo.

A participación nestas xornadas é á aberta “a todos e todas os interesados”, segundo se indica dende o Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button