EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornadas “Minerais estratéxicos”, o vindeiro 22 de setembro en Santiago

Na presentación deste fori Francisco Conde aludía ao gran desafío do "abastecemento de materias primas na industria" e apostou por "converter ao sector mineiro en aliado para a modernización das principais cadeas de valor da industria"

 

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apostou por unha minería sostible e un “aproveitamento razoable” dos recursos naturais de Galicia para lograr o desenvolvemento industrial, ao tempo que se respecta o medio ambiente e se crea emprego de calidade e oportunidades económicas e sociais no rural. Así o asegurou durante a inauguración das xornadas “Minerais estratéxicos para a industria galega”, que se levan a cabo desde hoxe e ata o próximo mércores 22 de setembro na Cidade da Cultura.

Facendo referencia ao contexto actual, o vicepresidente económico aludiu ao gran desafío do abastecemento de materias primas na industria sinalando como exemplo a crise dos microchips na automoción.

“A industria e a minería son dous vectores inseparables desde o punto de vista do proceso de sostibilidade cara ao cal camiña o tecido produtivo e a nosa economía, polo que temos que, cada vez con maior intensidade, vincular todas as actividades mineiras á propia industria”, apuntou.

 

 

Co obxectivo de converter o sector mineiro en aliado para a modernización das principais cadeas de valor da industria, Conde apuntou á Estratexia de Minería Sostible que está a deseñar a Xunta de Galicia para favorecer a economía circular e “acompañar as necesidades do sector industrial e o desenvolvemento da propia minería”.

Así, apuntou que no camiño cara a esa transformación tecnolóxica e enerxética, o acceso a determinados materiais “vai ser vital” para sectores estratéxicos como o da automoción, o naval ou o sector TIC, polo que é aí onde entra en xogo a sostibilidade para diminuír a dependencia da industria de determinadas materias primas.

Artigos relacionados

Back to top button