ConcellosParada de SilÚltima hora

Xornadas pola igualdade de xénero en Parada de Sil

Os talleres "Non co meu móvil" e "Nunca é tarde" terán lugar o vindeiro venres, 14 de agosto

O Concello ourensán de Parada de Sil acollerá, o venres 14 de agosto, dous talleres de información e concienciación sobre a violencia de xénero e a igualdade. Estas actividades realízanse dentro dun programa de sensibilización que durará ata o día 25 de novembro e que está financiado polo Pacto de Estado contra Violencia de Xénero, o Ministerio de Igualdade e a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia.

O primeiro dos talleres é “Non co meu móvil”, relacionado co acoso mediante as redes sociais e os dipositivos móviles. Trataranse temas como o sexting, o cyberbullying e o stalking. A cita será no salón de plenos da casa consistorial, de 11:30h a 14:00h e con entrada gratuíta.

 

Cartel do taller “Non co meu móbil”. / Foto: cedida.

 

O segundo taller, “Nunca é tarde”, está destinado a visibilizar comportamentos machistas que sofren as mulleres maiores na vida cotiá, tales como a violencia económica, certos usos do espazo, o desprezo en público, o traballo invisible e a brecha nas pensións. Terá lugar no mesmo emprazamento, ás 18:30h e tamén con entrada gratuíta.

 

Cartel do taller “Nunca é tarde”. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button
Close