DeportesÚltima hora

Xornadas técnicas de salto de altura co especialista Gustavo Adolfo Becker, no Barco

Gustavo Adolfo Becker, adestrador especializado en salto de altura, co presidente do Club Adas, Tinín, no Barco./ Foto: A.R.

 

Atletas de moi diferentes categorías e adestradores participaban nas xornadas que impartía nesta fin de semana no Barco o especialista en salto de altura Gustavo Adolfo Becker. Esta iniciativa, organizada a través do Club Adas, buscaba mellorar a formación tanto dos deportistas como dos adestradores nesta disciplina do atletismo.

“Esta é a segunda vez que veño ao Barco a impartir unhas sesións deste tipo e fágoo encantado porque aquí vexo xente que está involucrada na tecnificación e en traballar con nenos e que leva anos facéndoo e para min é unha honra vir aquí a botarlle unha man a Tinín (Agustín González, presidente do Adas)”, dicía ao termo das xornadas Becker, que foi atleta olímpico e que, tras a súa retirada, exerce de adestrador. Ademais en 1992 conseguía a segunda mellor marca do salto español.

Máis información na edición en papel de O SIL Deportivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close