DeportesÚltima hora

Xornadas técnicas “Montañismo invernal-nivel I”, en Trevinca

Esta actividade, organizada polo Club Montañas de Trevinca, desenvolverase do 21 ao 23 de marzo

Foto: Club Montañas de Trevinca.

 

Inicialmente estaban previstas para o 15 e 16 de febreiro, pero as condicións meteorolóxicas e a falta de neve levaron a organización das  “Xornadas Técnicas de Montaña. Montañismo invernal-nivel I” a pospoñelas para o mes de marzo. Así esta actividade, promovida polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca, desenvolverase do 21 ao 23 de marzo en Vilanova (A Veiga).

Estará limitada a 8 prazas e busca “iniciar ou aumentar os niveis técnicos dos afeccionados ao deporte do montañismo” en aspectos como “progresar, ascender e descender pola montaña nevada con características de neve dura ou xeada, empregando as oportunas técnicas de manexo dos crampóns e piolet, tamén, saber deterse no caso dunha caída por unha pendente de neve, ademais de coñecer as técnicas de seguridade en cordada e os diferentes estados da neve e xeo que nos permitan movernos con rapidez e seguridade”, segundo explican dende a organización.

O programa incluirá clases teóricas, pero tamén numerosas prácticas de neve e xeo na zona do Pico Maluro (1.933 m),  actividades de análise da neve en pendentes e técnicas de progresión sen e con crampóns, entre outras.

Pódese ampliar información das xornadas ou inscribirse a través do correo club@montanasdetrevinca.es ou no teléfono 616 54 69 72.

 

Artigos relacionados

Back to top button