EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Xornalistas especializados en viño de diferentes partes do mundo visitarán unha cova valdeorresa

Esta visita está incluída na iniciativa International Galician Wine Week, que promoverá o Igape do 30 de setembro ao 14 de outubro nas cinco denominacións de orixe galegas

 

Imaxe do interior dunha das covas existentes en Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Co fin de impulsar a internacionalización do sector vitivinícola galego, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, organizará do 30 de setembro ao 14 de outubro, a International Galician Wine Week, unha iniciativa que busca impulsar a internacionalización do sector vitivinícola galego e que traerá a 14 xornalistas especializados de países como Rusia, Perú, Noruega, Reino Unido, Bélxica ou Austria.

“O obxectivo é presentarlles a estes prescritores Galicia como zona de referencia da viticultura española e europea e amosarlles as especificidades de cada variedade”, adiantan dende a Consellería de Economía. Deste xeito está previsto que visiten as zonas de produción das cinco denominacións de orixe, “non só para degustar os viños senón tamén para coñecer a terra, as condicións agroclimáticas e estruturais de produción e o entorno socioeconómico”.

Entre outras actividades, os comunicadores poderán descubrir a vendima na Ribeira Sacra, visitar unha cova do viño en Vilamartín de Valdeorras, coñecer a ruta dos Lagares Rupestres de Monterrei, participar nun túnel de viños do Ribeiro ou realizar unha ruta en goleta con degustación de viños da D.O. Rías Baixas, ademais de diferentes catas de augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Esta iniciativa forma parte das distintas actuacións para a promoción do viño en mercados internacionais que se están a potenciar en estreita colaboración cos Consellos Reguladores, no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020.

 

Artigos relacionados

Back to top button