OurenseÚltima hora

Xosé Benito Reza e Xosé Luís Axeitos reciben o Premio Antón Losada Diéguez

Un dos momentos do acto de entrega dos galardóns.

 

O pazo de Moldes (Boborás) convertíase o 9 de xuño en escenario do acto de entrega do XXXIII Premio Antón Losada Diéguez. Nesta ocasión os galardoados eran Xosé Benito Reza na categoría de creación literaria, por Terradentro, e Xosé Luís Axeitos en investigación e ensaio por Manuel Antonio. Unha vida de rebeldía. As dúas obras foron publicadas por edicións Xerais de Galicia.

O mantedor deste acto foi Roberto Pascual, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e director da MIT de Ribadavia. O acto contaba coa presenza do ecretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, entre outras autoridades.

Os concellos de Boborás e O Carballiño convocan anualmente o Premio Antón Losada Diéguez coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense. Na edición deste ano, o xurado estivo presidido pola concelleira de Cultura de Boborás, Patricia Torres, e formado por Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño; Manuel Doval, deputado de Cultura da Deputación de Ourense; Chus Pato, académica da Real Academia Galega; Francisco Calo, en representación do Museo do Pobo Galego; Pegerto Fernández Saavedra, por parte do Consello da Cultura Galega; e representantes das universidades galegas.

Artigos relacionados

Back to top button