CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Xosé Carlos Caneiro debulla a figura de Casares na Biblioteca de Verín

 

Para coñecer máis de preto ao escritor ourensán Carlos Casares, autor ao que se lle adican as Letras Galegas do 2017, a Biblioteca de Verín vén de programar un ciclo de conferencias que se encetaba na tarde do 16 de maio. O primeiro dos ponentes era Xosé Carlos Caneiro, natural de Verín e tamén escritor. Titulaba a súa conferencia “Carlos Casares no País das Marabillas”.

A segunda conferencia, baixo o título “Casares na intimaidade”, está programada para o 26 de maio e nela contarase coa presenza de Xavier Casares, irmán do autor homenaxeado e tamén presidente da Fundación Carlos Casares, e do investigador Manuel Mandianes. A Terá lugar na Biblioteca de Verín ás 19:30h.

 

 

Nestas imaxes poden verse dous momentos da conferencia impartida por Xosé Carlos Caneiro en Verín, na que proxectaba diversas fotografías de Casares.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button