CulturaCulturaÚltima hora

Xosé Constenla, no verán cultural de Ribas de Sil

O cantautor compostelán actuará na Praia Fluvial de San Clodio o 16 de xullo
O cantautor compostelán Xosé Constenla.
O cantautor compostelán Xosé Constenla.

O Concello de Ribas de Sil vén de facer pública a programación cultural para os meses de verán, que se desenvolverá no anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio, centrada no humor, o teatro e a música.

A primeira cita será mañá sábado 9 de xullo ás 22 horas co humor, da man de Alberte Montes que presentará o seu espectáculo “Albertades” un monólogo fresco, orixinal e disparatado. Máis dunha hora de risas onde se mesturan historias cotiás con surrealismo, verdade con esaxeración, destripada actualidade con chistes malos… De seguido Carlos Bau dará un concerto.

Ao día seguinte, domingo 10 de xullo a partires das 20 horas Os Sete Magníficos + 1 presentarán “A historia de Brancaflor”, un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González.

Unha semana máis tarde, o sábado 16 de xulo, subirase ao escenario o cantautor compostelán Xosé Constenla para presentar o seu cuarto traballo discográfico titulado “Virada por Avante”, cun concerto especial no que o autor ofrecerá as súas cancións unicamente acompañado polas súas guitarras e as súas historias contadas dun xeito íntimo na súa voz. O domingo 17 de xullo, máis teatro intantil da man de Títeres Cascanueces que porá en escena “O fillo do panadeiro”. A mesma compañía actuará o domingo día 31, coa obra “Un viejo cuento a contar”.

Para o sábado 23 de xullo está prevista a actuación de DINAMOteatro co espectáculo “Risas á galega”, monólogo cómico onde se analiza a vida dos galegos, en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e… a familia. Abordase o carácter morriñento das galegos e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, das súas costumes, das súas festas,…

A poesía de Polo Correo do Vento que homenaxea a “O poeta do Miño” o domingo 24, e a música de César de Centi o sábado día 30, completan a programación do mes de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button