CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Xosé Lois Foxo inaugurará o programa “Verín, enclave de gaita” cunha conferencia

Terá lugar o vindeiro martes 6 de agosto, no Museo Claustro dos Mercedarios

 

 

O programa “Verín, enclave de gaita” comezará o vindeiro martes 6 de agosto da man de Xosé Lois Foxo, cunha conferencia sobre a gaita primitiva. Esta actividade terá lugar no Museo Claustro dos Mercedarios.

“Verín é fundamental na comprensión e estudo do universo mundial da gaita”, así o recollen os estudos de Ruth e Xosé Lois Foxo sobre a gaita primitiva e as primeiras representacións artísticas completas da figura do gaiteiro. Dúas pezas orixinais do século XVII do Santuario da nosa Señora dos Remedios de Vilamaior do Val foron recentemente restauradas e serán expostas por primeira vez ao público no museo do Claustro Mercedario de Verín. Ademais, o museo acollerá algunhas das pezas máis importantes da gaita primitiva e das reproducións escultóricas da colección de Xosé Lois Foxo.

 

 

Esta actividade é froito da colaboración entre o Concello de Verín, a Escola Provincial de Gaitas de Ourense e o Obispado de Ourense. Así, asisitirán Gerardo Seoane, alcalde do Concello de Verín; Emilia Somoza, concelleira de Cultura, Educación e Festexos de Verín; e o director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Lois Foxo, xunto coa súa filla e editora da obra, Ruth Foxo.

Artigos relacionados

Back to top button