PolíticaÚltima hora

Xosé Manoel Fírvida, cabeza de lista do BNG nas municipais en Barbadás

Nos primeiros postos da lista tamén estarán os concelleiros Serafín Núñez e Ánxela González
Xosé Manoel Fírvida.
Xosé Manoel Fírvida.

O Consello Nacional do BNG refrendaba o sábado 7 de febreiro a decisión da Asemblea Local do BNG de Barbadás de presentar como candidato á alcaldía neste concello nas vindeiras eleccións municipais a Xosé Manoel Fírvida.

Fírvida é o portavoz municipal do BNG en Barbadás dende os últimos oitos anos, nos que estivo acompañado no grupo municipal do BNG de Barbadás pola concelleira Ánxela González e o concelleiro Serafín Núñez, que repitirán con el nos primeiros postos da candidatura que o BNG presentará aos vindeiros comicios locais do 24 de maio de 2015.

“A experiencia na política municipal, o coñecemento dos problemas do concello, e a necesidade dun cambio de goberno foron os motivos valorados pola Asemblea Local para dar continuidade ao actual grupo municipal do BNG de Barbadás”, segundo se indica dende a formación nacionalista.

Artigos relacionados

Back to top button