CulturaCulturaÚltima hora

Xosé Manuel González Reboredo presenta o seu libro en Mouruás (San Xoán de Río)

Titúlase “Festas con representación de mouros e cristiáns en Galicia e terras do noroeste veciñas”
Cartel da actividade.

Xosé Manuel González Reboredo presentará o seu libro “Festas con representación de mouros e cristiáns en Galicia e terras do noroeste veciñas”, na Praza Eira da Moura, en Mouruás (San Xoán de Río). Terá lugar o vindeiro sábado 10 de agosto, dentro dos actos da Cea de Fraternidade da Veciñanza.

Trátase dunha obra de investigación sobre os festexos con representacións de mouros e cristiáns en territorio galego e áreas limítrofes. No acto, que estará aberto ao público en xeral, o autor estará acompañado de Domiciano Sabín, responsable da recuperación da “Batalla” de Mouruás e do alcalde do Concello de San Xoán de Río, José Miguel Pérez. Así mesmo, no transcurso da presentación proxectarase un vídeo sobre a “Batalla de Mouruás”.

 

O autor.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button