CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Xosé Manuel Sánchez Rei presentará na Rúa o seu libro ‘Xosé Seivane, a gaita con maiúsculas’

O acto, organizado pola Asociación Cultural Abertal, terá lugar o venres 21 de xaneiro ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal

O autor do libro, Xosé Manuel Sánchez Rei.

 

O vindeiro venres 21 de xaneiro ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal da Rúa acollerá a presentación do libro Xosé Seivane, a gaita con maiúculas de Xosé Manuel Sánchez Rei. Trátase dunha obra literaria editada por Canela que relata os aspectos máis relevantes da vida de Seivane como artesán, tendo en conta o seu contexto familiar, vital e cultural. Inclúe entrevistas a grandes personalidades, numerosas pezas transcritas por Daniel Bellón e Pedro Lamas, un álbum fotográfico familiar, imaxes en exclusiva do fotógrafo Vicente Ansola e prólogo de Xosé V. Ferreirós.

A presentación na Rúa está organizada pola Asociación Cultural Abertal en colaboración co Concello, e contará coa presenza do autor, filólogo e gaiteiro, actualmente profesor na Universidade da Coruña e vicepresidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda; e tamén do fillo de Xosé Seivane, Álvaro. O aforo será limitado.

 

Portada do libro.

 

Artigos relacionados

Back to top button