DeportesGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

A xove Ilena Maille imponse nos 2.250 metros entre Petín e A Rúa

Uns corenta nadadores participaron nas dúas modalidades da I Travesía a Nado Encoro de San Martiño

Nun dos días máis calurosos do ano, en plenas festas de verán da Rúa e con certo retraso sobre a hora prevista, unha vintena de nadadores (da comarca de Valdeorras, de Ourense, Barcelona,…) saltaban ás augas do río Sil ao seu paso por Petín. Era o comezo da I Travesía a Nado Encoro de San Martiño que, tras un percorrido de 2.250 metros remataba no peirao do Aguillón, xa na Rúa.

A primeira en chegar, nun tempo de 30:09 era a xove Ilona Maille. Segundo era o barquense Pablo Israel Rodríguez e terceiro Paco González Marcos. Por categorías, completaron o podio feminino Leticia Maille e Ana Espinosa; no masculino, o terceiro caixón era para Baltasar García. En veterano feminino só competíu unha muller, Gemma Santos; e en veterao masculino, primeiro foi Fernando Rebanal, segundo Fernando Troncoso e terceiro Benito Quiñones.

Trala proba absoluta arrancaba a popular de 250 metros entre os dous peiraos rueses, na que participaron outra vintena de nadadores.

A entrega de premios contou coa asistencia da alcaldesa da Rúa, María González Albert, do concelleiro de Deportes Avelino Fernández e dos membros do Club Adas Natación, organizadores do evento deportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button