DeportesÚltima hora

Xoves da Veiga e Oímbra asistirán ao encontro COB-Lleida en Ourense

A asistencia ao partido de baloncesto forma parte da xornada de convivencia entre os dous concellos
A mascota do COB saudando aos cativos no pazo dos deportes Paco Paz.
A mascota do COB saudando aos cativos no pazo dos deportes Paco Paz.

Achegar a cultura e o deporte á poboación, ademáis de “fomentar a interrelación persoal e social buscando propiciar un espazo para o encontro e participación social”, é o obxectivo da xornada de convivencia entre xoves que os Concellos da Veiga e Oímbra celebrarán mañá, mércores 23 de marzo, coa colaboración da Deputación de Ourense.

A esta xornada deportiva e cultural asistirán un total de cincuenta e cinco persoas acompañadas polos seus respectivos alcaldes, Juan Anta Rodríguez da Veiga e Ana María Villarino Pardo de Oímbra.

Tal como avanzan dende A Veiga, ás 21 asistirán, no pazo de deportes Paco Paz, ao partido de baloncesto Ourense Provincia Termal (COB)-Lleida. Pero antes de disfrutar do encontro en directo (ao que moitos dos rapaces asistirán por primeira vez) farán unha visita guiada por lugares de interese da cidade de Ourense.

A saída dende A Veiga será ás 15 horas e dende Oímbra ás 16 horas, en ámbolos dous casos na praza do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button