OurenseÚltima hora

A Xunta aborda o presente e o futuro do medio rural dende unha perspectiva inclusiva

O durector xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou o Centro de desenvolvemento rural do Viso (Sarreaus)
Visita ao centro do Viso.

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu hoxe, 20 de febreiro, ao Centro de desenvolvemento rural O Viso, cuxa misión é traballar coa comunidade rural en procesos de desenvolvemento integral, sostible e inclusivo do territorio para xerar mellores condicións de vida da poboación rural e do seu medio.

Durante a súa visita, o titular do departamento autonómico tivo a oportunidade de percorrer os tres centros cos que conta a entidade: centro social, vivenda comunitaria e centro de inclusión. Precisamente neste último, tivo lugar un relatorio onde se debullou o presente e futuro do medio rural e dos seus veciños e veciñas.

Parrado afirmou que un contexto como o actual, ofrece importantes oportunidades para un desenvolvemento rural inclusivo. Os datos por Comunidades Autónomas reflicten que máis dun 10% da poboación no medio rural precisa de apoio para realizar as actividades básicas da vida diaria, para mellorar os seus plans de vida ou para mellorar a súa participación na sociedade e exercer unha cidadanía de pleno dereito. Neste sentido, “é vital aproveitar todo o potencial que ofrece o medio rural para a plena inclusión destas persoas, mediante fórmulas de coordinación e traballo en rede”, asegurou o director xeral.

Para conseguilo, a Xunta de Galicia colabora co CDR O Viso a través de diversas accións formativas como os cursos de mantemento de xardíns, o de camareiro ou o de alfabetización es español para mulleres migrantes, que tamén poden facer uso do servizo Integrarte de apoio á inclusión sociolaboral. Así mesmo, a Administración autonómica colabora co comedor social, co servizo de cobertura de necesidades básicas e coas accións relacionadas co apoio á conciliación. Arturo Parrado destacou que a Consellería de Política Social investiu nos anos 2017 e 2018 máis de 178.000 euros para o mantemento destes servizos e cursos, que contan co cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

O director xeral tamén lembrou que a Xunta desenvolveu o Proxecto Symbios que traballou, a través dunha rede transnacional, o fenómeno da exclusión territorial como consecuencia do cambio demográfico. Ademais, tamén identificou, analizou e modelizou toda unha serie de iniciativas exitosas na abordaxe dos desafíos para a inclusión das persoas que residen en áreas en declive e, entre elas, varias desenvolvidas por e para persoas con discapacidade.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close