EconomíaEconomíaÚltima hora

A Xunta anuncia axudas para produtores afectados pola seca

Trátase dun paquete extraordinario, aprobado no Consello da Xunta, con asxudas para executar infraestruturas de subministro de auga e equipos de abastecemento
Imaxe da reunión do Consello da Xunta na mañá do 11 de outubro.

Un millón de euros nas anualidades do 2017 e 2018 destinará a Xunta de Galicia para axudas “deseñadas para minimizar os efectos da seca prolongada e para garantir a subministración de auga ás explotacións gandeiras no réxime extensivo e intensivo de aproveitamento de pastos e cultivos agrarios”. Así se anunciaba tras a reunión do Consello da Xunta celebrada o 11 de outubro.

Segundo adianta a Administración autonómica, establécense como actividades subvencionables nas explotacións agrarias e gandeiras as “estruturas para o abastecemento de auga (balsas de almacenamento, bebedoiros, conducións para o abastecemento destes, captación e condución de auga, etc.) Tamén, os equipos para mellora do abastecemento de auga ao gando como cisternas móbiles ou bebedoiros móbiles. Ademais, este tipo de actuacións poderían ser tamén subvencionadas a través da orde de axudas para plans de mellora das explotacións do 2018. A contía que se percibirá será como tope o 50% do investimento, non superando o importe máximo da subvención por beneficiario os 5.000 euros”.

Por outra banda, tamén se recorda que “a Xunta de Galicia subvenciona as pólizas de seguros agrarios cun orzamento de 4,7 millóns no ano 2017 e insístese na necesidade de seguir fomentando a súa contratación para facer fronte a este tipo de incidencias meteorolóxicas”.

Artigos relacionados

Back to top button