ConcellosÚltima hora

A Xunta colabora na mellora do abastecemento de San Martiño, en Verea

O presuposto que se baralla para a actuación é de 100.000 euros e contará coa axuda do Feader
O alcalde de Verea, coa conselleira de Medio Ambiente e a delegada territorial da Xunta en Ourense.
O alcalde de Verea, coa conselleira de Medio Ambiente e a delegada territorial da Xunta en Ourense.

O alcalde do Concello de Verea asinou esta mañá, martes 14, un convenio coa conselleira de Medio Ambiente polo cal o departamento autonómico se compromete a cofinanciar as actuacións para mellorar a rede de abastecemento de auga á parroquia de San Martiño.

Augas de Galicia será a encargada de executar as obras e xestionar o orzamento, que se fixa nos 100.000 euros e que serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O obxectivo desta obra é garantir aos veciños dun sistema de abastecemento axeitado, necesario debido á escaseza de auga detectada na captación que serve á comunidade. Na captación construiranse gabias drenantes que recollerán a auga e condiucirana até una arqueta de distribución.

Tamén se fará a conexión dende este depósito coa rede de distribución existente na cabeceira do núcleo de Casal de Bispo, coa colocación dunha tubaxe de abastecemento.

Artigos relacionados

Back to top button