Ourense

A Xunta destinará uns 2,6 millóns á creación de 13 sendas na comarca

Sumarán 16 km á rede xa existente
Un momento da presentación do Plan de Sendas de Galicia, en Ourense.
Un momento da presentación do Plan de Sendas de Galicia, en Ourense.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Días, o alcalde, jesús Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentou hoxe as actuacións do Plan de Sendas de Galicia na comarca de Ourense. Aquí está previsto que se executen 13 novas sendas, que suman 16 km e un investimento de máis de 2,6 millóns de euros.

Segundo as previsións baralladas polo goberno autonómico, todos os proxectos das sendas de Ourense estarán en redacción antes de fializar o ano, para proceder á licitación das obras a medida que se vaian recibindo.

Neste proxecto inlcúense sendas nos parques empresariais, A Ponte Sevilla, A Derrasa, Montealegre, A Medorra, Valdorregeuiro, Reza, Paiseo, Rabaza, Perdigón, Santa Baia e As Vendas.

Artigos relacionados

Back to top button