DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A xunta directiva da Asociación de Clubes Galegos de Fútbol reúnese no Barco de Valdeorras

O presidente do Centro de Deportes Barco, Daniel Ramos, é vogal da asociación

Cada mes, a xunta directiva da Asociación de Clubes Galegos de Fútbol, da que forma parte o presidente do Centro de Deportes Barco, Daniel Ramos, reúnese en Santiago de Compostela para tratar temas de interese para os colectivos. Mais nesta ocasión, cambiaban de ubicación e a sesión ordinaria celebrada na mañá do 17 de xuño, tiña lugar no Barco de Valdeorras.

Despois dun café na Churrería La General preto da praza do Concello, comezaba a sesión de traballo no edificio multiusos do Barco. Unha reunión á que asistían o presidente da asociación, Antonio Fernández Lendoiro, (presidente do Betanzos); o tesoureiro, José Gerpe Gesto; o secretario, Manuel Rábade Prieto; o asesor do presidente, José Canedo Barreiro; o vicepresidente e delegado para Galicia de Proliga, Iván Crespo Rodríguez (presidente do Choco); o xefe de prensa, Óscar Martínez (do Silva); e os vogais Luis Guimeráns Curra (presidente do Alondras) e Daniel Ramos Barrio (presidente do C.D. Barco) que exerceu de anfitrión.

Entre os temas que trataron na localidade valdeorresa, sede do equipo de fúbtol compite en terceira división, estaban os informes do presidente e do tesoureiro así como a preparación da VIII Gala da Asociación que se celebrará 0 30 de xuño.

Con esta reunión celebrada en Valdeorras, a directiva da ACGFútbol cumpriu una das súas promesas neste mandato.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button