PolíticaÚltima hora

Xunta directiva do PP de Ourense

A reunión contaba coa presenza do novo conselleiro do Medio Rural, o ourensán José González

Logo da apertura do curso político na súa tradicional convención dos Milagros, hai dúas semanas, A xunta directiva do Partido Popular de Ourense celebraba na tarde do 4 de outubro a súa primeira reunión de traballo. Nesta convocatoria expuxéronse as liñas estratéxicas que, en clave electoral, desenvolverá a formación popular cara ás municipais de 2019.

O presidente provincial, Manuel Baltar, pediu aos membros deste órgano de dirección (do que forman parte todos os alcaldes) que eleven o seu grao de esixencia “pois temos unha obriga coa nosa veciñanza que é ofrecer programas ambiciosos e innovadores”.

 

O ámbito rural tivo un particular protagonismo na orde do día da xunta directiva. En nome de todos os membros, o presidente provincial felicitou e expresoulle a José González a súa felicitación como conselleiro de Medio Rural.

González aproveitou a ocasión para agradecer ao PP ourensán e ao presidente provincial a confianza depositada na súa persoa para formar parte das listas das autonómicas de 2016, “o que me permitiu traballar desde o Parlamento por un rural de futuro, a partir de agora con maior intensidade e por suposto sempre mirando á nosa provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button