ConcellosÚltima hora

A Xunta inicia obras no firme de catro estradas da provincia

O custo desta actuación é de 820.000 euros e beneficiarán a un total de dez concellos
Marisa López e Marisol Díaz visitaron Lobios para ver o desenvolvemento das obras.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), ven de iniciar as obras de reforzo do firme nos treitos máis danados das estradas OU-161, OU-301, OU-312 e OU-540 no seu desenvolvemento por dez concellos ourensáns: Barbadás, A Merca, Celanova, Verea, Bande, Muíños, Lobios, Xinzo de Limia, Porqueira e Lobeira. As actuacións dispoñen dun investimento de case 820.000 euros e o seu prazo de execución é de catro meses.   los concellos de coa finalidade de mellorar a seguridade e comodidade dos seus usuarios.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Alicia López Míguez, comprobou o desenvolvemento das obras.

O proxecto define reparacións puntuais do firme que permitan prolongar a vida útil do pavimento das estradas obxecto da obra, mediante fresado e reposición nos puntos con deformacións, ou extensión de microaglomerados, segundo a necesidade de cada treito. Estas actuacións complementaranse coa reposición das marcas viarias, da sinalización vertical e dos elementos de balizamento. Tamén, onde sexa necesario, levarase a cabo a limpeza das cunetas.

Os traballos comezaron a executarse na OU-540, ao seu paso polo concello de Lobios, que é o municipio no que se prevén as actuacións máis importantes cun investimento de 240.000 euros. Concretamente, no treito entre o encoro das Conchas (punto quilométrico 54+790) e o viaduto sobre o río Limia (punto quilométrico 57+700) se está a proceder á extensión dunha nova capa de microaglomerado.

Na OU-540, tamén se prevén reparacións do firme mediante selado de fendas lonxitudinais entre os puntos quilométricos 3+810 e 54+000, que vai desde o enlace da A-52 ata a travesía de Ermida, en Lobios. En total, a Xunta destinará 580.000 euros ás reparacións nesta estrada no seu desenvolvemento polos concellos de Barbadás, A Merca, Celanova, Verea. Bande, Lobeira, Muiños e Lobios.

 

Este paquete de reforzos de firme tamén contempla reparacións na estrada OU-312, entre o p.q. 1+200 e o 6+870 (termas de Lobios), que contan cun presuposto de 104.000 euros.

 

O firme da estrada OU-301 tamén será obxecto de reparacións puntuais nos concellos de Xinzo de Limia, Porqueira e Bande por un importe de 88.000 euros.

 

Na OU-161, no concello de Lobeira, actuarase entre a intersección coa estrada OU-540 (p.q. 0+075) e o 2+500 cun orzamento de 47.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button