ConcellosÚltima hora

A Xunta inviste 60.000 euros en melloras na rede de abastecemento de Xubín, en Cenlle

Estes traballos permitirán solucionar as perdas de presión que se viñan producindo en diversos puntos da rede
13,30 h.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Cenlle, Gabriel Alén Castro, asinarán un convenio de colaboración en materia de saneamento. Na sala de xuntas da Consellería (edificio administrativo de San Lázaro, s/n).
Foto Xoán Crespo
04/09/17

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, acometerá as obras de mellora da rede de abastecemento de auga no núcleo de Xubín, en Cenlle. Esta actuación, que conta cun orzamento de case 60.000 euros, permitirá dar solución ás perdas de presión que na actualidade se veñen producindo, especialmente nos puntos álxidos da rede.

Estes traballos realizaranse grazas a un convenio de colaboración que eque hoxe, 4 de setembro, asinaron a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade ourensá, Gabriel Alén Castro, durante un encontro en Santiago.

Este convenio permitirá acometer e incorporar ao patrimonio público municipal unha actuación, que suporá unha mellora do servizo e, por conseguinte, un incremento da calidade de vida dos veciños do núcleo rural de Xubín. Neste senso, cómpre salientar que estes traballos responden ao compromiso da Administración autonómica e local por garantir a subministración de auga á poboación en calidade e cantidade.

Do mesmo xeito, este acordo pon de manifesto a cooperación entre a Xunta e os concellos, como unha boa forma de avanzar en Galicia cara a unha xestión da auga responsable e sustentable.

Así, a través deste convenio, que terá vixencia dun ano, Augas de Galicia comprométese á contratación, execución e dirección da obra, así como a súa xestión ata a completa finalización dos traballos, mentres que o Concello deberá dispoñer dos terreos necesarios para a realización das obras e tramitar as licencias e permisos correspondentes.

 

Artigos relacionados

Back to top button