ConcellosÚltima hora

A Xunta inviste máis de 46.000 euros na reparación dos camiños de Ramirás

As obras consistiron na reparación do firme do pavimento e da canalización.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez, e o xefe territorial da Consellería de Medio Rural; Yago Borrajo,  supervisaron hoxe as obras de mellora de camiños municipais en varios núcleos do municipio, que se engloban dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais e acceso a explotacións agrarias da Xunta de Galicia.

As actuacións en Ramirás consistiron na reposición do firme, que estaba moi deteriorado, que se substituíu por un novo pavimento, e na canalización de augas na cuneta nos camiños de Coveliñas e Mosteiro.

Estas obras supuxeron un investimento de máis de 46.000 euros, apuntan dende a Delegación da Xunta en Ourense. A través deste programa, engadiu a delegada territorial, “arranxáronse 810 quilómetros de vías públicas nun total de 293 concellos de Galicia”.  Segundo fontes do Goberno galego, o investimento executado na provincia de Ourense cífrase en 4 millóns de euros que beneficiaron a 91 municipios.

Marisol Díaz explicou que a finalidade destas achegas é mellorar as condicións de vida dos residentes nas zonas rurais, Para acadar este obxectivo é preciso “mellorar as dotacións existentes” de infraestruturas básicas e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e a mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, e o alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez, aproveitaron a visita para manter unha xuntanza no Concello para que o rexedor lle trasladase as necesidades do municipio.

Juan Carlos Rodríguez e Marisol Díaz, na súa xuntanza. 

Artigos relacionados

Back to top button