OurenseÚltima hora

A Xunta licita as obras para a ampliación da EOI de Ourense

O goberno autonómico investirá 585.000 euros na construción de seis aulas, o que permitirá incrementar a oferta de idiomas
A EOI de Ourense incluirá novos idiomas coma chinés e árabe tras a ampliación.
A EOI de Ourense incluirá na súa oferta formativa idiomas coma chinés e árabe tras a ampliación.

A Xunta de Galicia vén de anunciar a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras para a ampliación da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ourense. Neste contexto, o alcalde, Jesús Vázquez, aplaude o investimento de 585.000 euros que o goberno autonómico fará para a creación de seis novas aulas.

“Supón un salto de calidade na oferta deste centro, unha mellora das instalacións que redunda sempre nun mellor servizo aos usuarios deste centro”, valorou o rexedor. As actuacións permitirán construír seis novas aulas para seguir incrementando a súa oferta formativa. Así, prevese que unha vez rematadas as obras, se incorporará a ensinanza de novos idiomas, coma o chinés ou o árabe.

Vázquez quixo enlazar este anuncio coa recente noticia da construcción do primeiro museo de Ourense, que se emprazará na zona de San Francisco, polo que agradeceu ao goberno autonómico “o seu permanente compromiso cos proxectos na cidade”.

Foto: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button