ConcellosÚltima hora

A Xunta Local de Seguridade de Verín aborda o dispositivo do Entroido

Na reunión tamén se constataba unha baixada das taxas de criminalidade nesta comarca ourensá

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, presidindo a Xunta Local de Seguridade.

 

A Xunta Local de Seguridade de Verín, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e polo tenente de alcalde do concello de Verín, Diego Lourenzo Moura; reuníase na mañá do 19 de xaneiro neste Concello ourensán. Nela participaban asemade membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Local.

No encontro abordábanse diversos informes en materia de seguridade cidadá. Estas estatísticas amosan unha tendencia “á baixa na totalidade das infraccións penais en 2016 con respecto ao mesmo período do ano anterior. O descenso é moi significativo no apartado dos delitos, aínda que as faltas repuntan levemente”, segundo se destaca dende a Subdelegación de Ourense. Tamén se vía un lixeiro aumento nas infraccións penais sen delitos contra a seguridade vial e nas infraccións administrativas.O índice de esclarecemento, tanto de delitos como faltas, mantén uns niveis moi altos.

 

Outro dos momentos da reunión.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, resaltaba o bo facer das Forzas e Corpos de Seguridade e a Policía Local e precisaba que “o traballo eficiente e minucioso desenvolvido ata o de agora estase a reflectir na baixada dos índices delictivos da comarca”.

Outro dos puntos destacados na orde do día era o deseño do dispositivo de seguridade cidadá que se establecerá no Entroido, que terá lugar a finais de febreiro, priorizando o importante eido de colaboración entre a Policía Local do Concello de Verín e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Artigos relacionados

Back to top button