ConcellosÚltima hora

A Xunta mellorará a estrada OU-901 e varios viais no concello de Vilamarín

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá 200.000 euros para levar a cabo debanditos traballos
Marisol Díaz, Ethel Vázquez e Amador Vázquez.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asinaron hoxe, 2 de xaneiro, un convenio de colaboración para levar a cabo melloras de seguridade viaria na travesía e núcleo de Portamieiro, na estrada OU-901, mediante un investimento de case 200.000 euros por parte do Goberno galego.

O obxectivo deste convenio, sinalan dende a Xunta, é o acondicionamento desta travesa, de titularidade autonómica, como o treito da OU-901, así como a pavimentación de varios viais municipais que conflúen nesta travesía, de modo que se configure este conxunto de acordo coas súas características urbanas.

No treito desta estrada prevense a reconstrución dun pequeno treito de beirarrúa que se atopa deteriorado, a execución de varios rebaixados para mellora da accesibilidade, a extensión dunha nova capa de rodadura, a instalación de sumidoiros para mellorar a drenaxe e a instalación de mobiliario urbano.

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, asume a financiación da actuación coa achega na totalidade do seu investimento preciso para executar este proxecto.

Pola súa parte, o Concello de Vilamarín levará a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras e comunicará á Axencia Galega de Infraestruturas a data de recepción dos traballos.

Artigos relacionados

Back to top button